Saltar ao contido principal

Publicacións

Exemplos de radios escolares

Estás pensando en gravar un podcast en Radio Altamira pero non sabes moi ben como enfocalo? Deixámosche aquí un montón de exemplos de radios escolares nos que podes escoitar moitos exemplos de podcast creados por alumnado coma ti. CEIP A Lomba (Vilagarcía de Arousa) CEIP da Torre-Cela (Bueu) CEIP Seara (Moaña) CEIP de Seixo (Marín) CEIP do Carballal (Marín) CEIP Enrique Barreiro Piñeiro (Cambados) CEIP Pena de Francia (Mos) CEIP Plurilingüe de Chancelas (Poio) IES Pedras Rubias (Salceda de Caselas)

RECURSOS MUSICAIS E SONOROS

MÚSICA EN GALEGO CON LICENCIA LIBRE RECURSOS SONOROS EXEMPLOS DE PODCAST

Guasgalegando mes de febreiro

Xa temos gañadores do concurso Guasgalegando do mes de febreiro posto en marcha polo equipo de Dinamización da Lingua Galega. Queredes  saber quen son e cales son as frases gañadoras? Dalle ao play e escoita esta entrevista conducida por Pedro e Irene de 5º B.

San Valentín

O 14 de febreiro celébrase o día de San Valentín: día do amor e da amizade.  Sabela, María, Gael e Icía de 4º D quixeron darvos algún dato máis sobre as orixe desta celebración neste podcast.

A radio do patrimonio

Un ano máis Ponte...nas Ondas! celebra o día mundial da radio con colaboracións de todas as escolas que participan neste proxecto. Entre elas, como non, o CEP Altamira. Así que, se vos pasades polo seu blog poderedes escoitar as aportacións dun montón de centros. A que esperas? Pincha xa!  A ver se atopas a de Radio Altamira...

Día mundial da radio

O 13 de febreiro celébrase o día mundial da radio e pareceunos a data perfecta para presentar o noso canal de IVOOX no que poderedes esccoitar todos os podcast que se graven en Radio Altamira. Un novo formato para a mesma radio de sempre. Podes acceder á canle pinchando na seguinte imaxe ou nas tres liñas que atoparás na esquina superior dereita deste blog (ao lado de "buscar"). Como grande estreno do noso canal podedes escoitar esta entrevista a Teodoro Freire Vaqueiro, compoñente do grupo "O serán". Os protagonistas.

COÑECENDO O NOVO EQUIPO

Temos novos aparellos en Radio Altamira, así que o seguinte paso era darllos a coñecer a toda a comunidade educativa. Así que nestas últimas semanas todo o equipo docente do CEP Altamira foi pasando polos micrófonos da nosa radio para familiarizarse co seu funcionamento. Xa foron xurdindo ideas xeniais que ben seguro se poñerán en práctica moi pronto... QUE NERVIOS...

NOVIDADES

O prometido é débeda. Dixemos que ía haber cambios en Radio Altamira e aquí están. Temos nova mesa, ordenador, cascos e micros!!! Xa está todo instalado e agardando para poñelos a funcionar.

POÑÉNDOSE AO DÍA

Estas semanas o profesorado do CEP Altamira tivo a sorte de formar parte dunha formación de radio escolar da man de Luís Losada, un dos integrantes do proxecto Rede Espora (escolas pola radio). Invitámosvos a pasar pola súa web, pois nela atoparedes moita e moi interesante información relacionada co mundo da radio escolar. Gustaríanos darlle as grazas a Luís polo seu traballo e bo facer. Abriunos novos camiños e infinidade de posibilidades que traerán cambios na nosa emisora escolar. Así que estade moi atentas e atentos porque pronto haberá novidades en Radio Altamira. Aquí vos deixamos algunhas imaxes da formación.

VOLVE RADIO ALTAMIRA

POR FIN!!!! Temos o grande pracer de comunicarvos que este mércores 20 de outubro Radio Altamira volve comezar as emisións diarias no tempo do recreo. O lun farase o programa LUNS POLA MAÑÁ coas seccións: Aniversarios, Radio 3 (en colaboración co alumnado de 3º nivel), Chistes, Mitoloxía e (esporádicamente) Biblioteca. Presentado por Pierre e Leire. O marte poderedes escoitar MARTES A BORDO coas seccións: Animais, Radio Miúda (en colaboración co alumnado de 1º e2º nivel), Cociña e Saúde. Presentado por Eitan e Lara. O mércore soará HOXE MÉRCORES coas seccións: Robótica, O club de sexto (en colaboración co alumnado de 6º nivel), Adiviñas e Deportes. Presentado por Verónica e Miguel. O xove disfrutaredes de XOVES DE RECREO coas seccións: Videoxogos, A fiestra dos cuartos (en colaboración co alumnado de 4º nivel), Moda e Entrevistas. Presentado por Manuel e Sabela. O venres remataredes a semana con VENRES NAS ONDAS coas seccións: Xardinería, Quindo nas ondas (en colaboración co alum...

XA ESTAMOS AQUÍ!

 

ATA A VOLTA!

Con morriña apagamos os micrófonos de Radio Altamira pero só ata o próximo curso!

PROGRAMA 22

Chegamos ao último programa deste curso 2020/2021.  Nel disfrutaredes de dous artigos escritos no obradoiro de Radio. Un sobre os Transformers, na voz de Xián e outro sobre os perigos da pesca con morte, conducido por José. Tamén poderedes escoitar a actuación estelar das rapazas e rapaces do obradoiro de pandeireta. Esperamos que vos guste. Radio Altamira · PROGRAMA 22

PROGRAMA 21

Desta volta podes escoitar ao alumnado da aula de 1º D. Ademáis, neste programa 21, atoparás unha sección especial da aula de inglés na que escoitarás aos nenos e nenas das clases de 3º C e 3º D. Por suposto, tampouco falta un artigo escrito no obradoirto de radio. Nesta ocasión, polo noso compañeiro Otto. Esperamos que vos guste! Radio Altamira · PROGRAMA 21

PROGRAMA 20

É un pracer contar hoxe en Radio Altamira coas clases de 1º B e 1º C. Pero non só iso, o artigo co que nos agasalla hoxe a nosa compañeira Zaira chéganos dende a aula de música e fálanos das bandas sonoras!!!! Que programa tan interesante... A que estás esperando??? Dalle xa ao play! Radio Altamira · PROGRAMA 20

PROGRAMA 19

Neste programa 19 poderedes escoitar ás rapazas e rapaces das aulas de 2º D e 1º A. Ademáis a nosa técnica Vera preparou un artigo moi interesante no obradoiro de radio sobre Frida Calo. Coma sempre acompañado da mellor música en galego. Sube o volume e a disfrutar! Radio Altamira 2 · PROGRAMA 19

CAMBIO DE CARAS

Toca de novo cambio de  técnicos en Radio Altamira. Presentámosvos as novas encargadas e encargados de facer soar as ondas de Radio Altamira nestas últimas semanas do curso. Benvidas e benvidos a Radio Altamira.

PROGRAMA 18

Neste programa acompáñannos as aulas de 2º B e 2º C. Ademáis os rapaces e rapazas do obradoiro de radio fixeron unha investigación sobre Xela Arias, autora homenaxeada neste 2021 no día das letras galegas e con todos os datos recompilados puxeron en marcha o concurso "PASA PALABRA CO ALTAMIRA". Invitámosvos a escoitalo con atención. Pasaredes uns bos intres e aprenderedes moitas cousas sobre a vida e obra desta autora. A música do programa de hoxe está centrada no grupo musical María Fumaça, que teremos a sorte de poder escoitar en concerto para celebrar precisamente o 17 de maio, Día das Letras Galegas. Radio Altamira 2 · PROGRAMA 18

PROGRAMA 17

Desta volta son as aulas de 3º D e 2º A  as protagonistas do noso programa. Ademáis, a nosa compañeira Elena preparounos un artigo moi interesante sobre os lagartos. Coma sempre poderás escoitar nas ondas de Radio Altamira a mellor música en galego. Neste caso: Lucía Pérez, María Fumaça, Astarot e a banda sonora da serie de animación Dragon Ball. Radio Altamira 2 · PROGRAMA 17

PROGRAMA 16

Benvidas e benvidos unha semana máis a Radio Altamira. Neste décimo sexto programa poderedes escoitar ás nenas e nenos das aulas de 3º B e 3º C e e desfrutar do artigo sobre a Terra que o noso compañeiro Adrián Lage preparou dende o obradoiro de radio. Por suposto, todo bañado coa mellor música, neste caso con pezas de A Roda, Ialma, Tiro na Testa e Marshmello. Radio Altamira 2 · PROGRAMA 16