Saltar ao contido principal

COÑECENDO O NOVO EQUIPO

Temos novos aparellos en Radio Altamira, así que o seguinte paso era darllos a coñecer a toda a comunidade educativa.

Así que nestas últimas semanas todo o equipo docente do CEP Altamira foi pasando polos micrófonos da nosa radio para familiarizarse co seu funcionamento.

Xa foron xurdindo ideas xeniais que ben seguro se poñerán en práctica moi pronto...

QUE NERVIOS...





Comentarios

Publicacións populares deste blog

PROGRAMA 4

Se tedes ganas de escoitar boa música e de saber máis cousas sobre as primeiras persoas que pisaron a Lúa, os legos ou as águias, non vos podedes perder este programa. Dádelle ao play e comezade a disfrutar! Radio Altamira · PROGRAMA 4

PROGRAMA 9

Hoxe comezan unha serie de programas moi especiais nos que contaremos coa colaboración das aulas.  Comezamos neste programa 9 coas aulas de 6º A e 6º E que nos contarán o conto "O lapis máxico de Malala" e nos falarán da 2º Guerra Mundial. Foi un pracer tervos en Radio Altamira compañeiras e compañeiros. Tamén podedes escoitar un artigo sobre as aves escrito polo equipo de radio. E por suposto moi boa música galega. Neste programa temos a Crema de Gaita, A banda da Loba e Aid. Subide o volume! Radio Altamira · PROGRAMA 9

PROGRAMA 10

 Atención rapazada!!!! Xa está aquí o programa 10 coa intervención das aulas de 5º A E 5º B que nos falan das premonicións que fixeron ao longo da súa historia a serie de debuxos animados Os Simpsons e dos cambios que se levaron a cabo no noso centro para adaptarnos á era COVID. Tamén poderedes escoitar un artigo preparado polo equipo de radio sobre A Terra. E como non, unha chea de música. Nesta ocasión poderedes disfrutar dos grupos Ataque Escampe, Boyanka Kostova e Famila Caamagno. Radio Altamira · PROGRAMA 10