Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2021

NOVIDADES

O prometido é débeda. Dixemos que ía haber cambios en Radio Altamira e aquí están. Temos nova mesa, ordenador, cascos e micros!!! Xa está todo instalado e agardando para poñelos a funcionar.

POÑÉNDOSE AO DÍA

Estas semanas o profesorado do CEP Altamira tivo a sorte de formar parte dunha formación de radio escolar da man de Luís Losada, un dos integrantes do proxecto Rede Espora (escolas pola radio). Invitámosvos a pasar pola súa web, pois nela atoparedes moita e moi interesante información relacionada co mundo da radio escolar. Gustaríanos darlle as grazas a Luís polo seu traballo e bo facer. Abriunos novos camiños e infinidade de posibilidades que traerán cambios na nosa emisora escolar. Así que estade moi atentas e atentos porque pronto haberá novidades en Radio Altamira. Aquí vos deixamos algunhas imaxes da formación.

VOLVE RADIO ALTAMIRA

POR FIN!!!! Temos o grande pracer de comunicarvos que este mércores 20 de outubro Radio Altamira volve comezar as emisións diarias no tempo do recreo. O lun farase o programa LUNS POLA MAÑÁ coas seccións: Aniversarios, Radio 3 (en colaboración co alumnado de 3º nivel), Chistes, Mitoloxía e (esporádicamente) Biblioteca. Presentado por Pierre e Leire. O marte poderedes escoitar MARTES A BORDO coas seccións: Animais, Radio Miúda (en colaboración co alumnado de 1º e2º nivel), Cociña e Saúde. Presentado por Eitan e Lara. O mércore soará HOXE MÉRCORES coas seccións: Robótica, O club de sexto (en colaboración co alumnado de 6º nivel), Adiviñas e Deportes. Presentado por Verónica e Miguel. O xove disfrutaredes de XOVES DE RECREO coas seccións: Videoxogos, A fiestra dos cuartos (en colaboración co alumnado de 4º nivel), Moda e Entrevistas. Presentado por Manuel e Sabela. O venres remataredes a semana con VENRES NAS ONDAS coas seccións: Xardinería, Quindo nas ondas (en colaboración co alum

XA ESTAMOS AQUÍ!

 

ATA A VOLTA!

Con morriña apagamos os micrófonos de Radio Altamira pero só ata o próximo curso!

PROGRAMA 22

Chegamos ao último programa deste curso 2020/2021.  Nel disfrutaredes de dous artigos escritos no obradoiro de Radio. Un sobre os Transformers, na voz de Xián e outro sobre os perigos da pesca con morte, conducido por José. Tamén poderedes escoitar a actuación estelar das rapazas e rapaces do obradoiro de pandeireta. Esperamos que vos guste. Radio Altamira · PROGRAMA 22

PROGRAMA 21

Desta volta podes escoitar ao alumnado da aula de 1º D. Ademáis, neste programa 21, atoparás unha sección especial da aula de inglés na que escoitarás aos nenos e nenas das clases de 3º C e 3º D. Por suposto, tampouco falta un artigo escrito no obradoirto de radio. Nesta ocasión, polo noso compañeiro Otto. Esperamos que vos guste! Radio Altamira · PROGRAMA 21

PROGRAMA 20

É un pracer contar hoxe en Radio Altamira coas clases de 1º B e 1º C. Pero non só iso, o artigo co que nos agasalla hoxe a nosa compañeira Zaira chéganos dende a aula de música e fálanos das bandas sonoras!!!! Que programa tan interesante... A que estás esperando??? Dalle xa ao play! Radio Altamira · PROGRAMA 20

PROGRAMA 19

Neste programa 19 poderedes escoitar ás rapazas e rapaces das aulas de 2º D e 1º A. Ademáis a nosa técnica Vera preparou un artigo moi interesante no obradoiro de radio sobre Frida Calo. Coma sempre acompañado da mellor música en galego. Sube o volume e a disfrutar! Radio Altamira 2 · PROGRAMA 19

CAMBIO DE CARAS

Toca de novo cambio de  técnicos en Radio Altamira. Presentámosvos as novas encargadas e encargados de facer soar as ondas de Radio Altamira nestas últimas semanas do curso. Benvidas e benvidos a Radio Altamira.

PROGRAMA 18

Neste programa acompáñannos as aulas de 2º B e 2º C. Ademáis os rapaces e rapazas do obradoiro de radio fixeron unha investigación sobre Xela Arias, autora homenaxeada neste 2021 no día das letras galegas e con todos os datos recompilados puxeron en marcha o concurso "PASA PALABRA CO ALTAMIRA". Invitámosvos a escoitalo con atención. Pasaredes uns bos intres e aprenderedes moitas cousas sobre a vida e obra desta autora. A música do programa de hoxe está centrada no grupo musical María Fumaça, que teremos a sorte de poder escoitar en concerto para celebrar precisamente o 17 de maio, Día das Letras Galegas. Radio Altamira 2 · PROGRAMA 18

PROGRAMA 17

Desta volta son as aulas de 3º D e 2º A  as protagonistas do noso programa. Ademáis, a nosa compañeira Elena preparounos un artigo moi interesante sobre os lagartos. Coma sempre poderás escoitar nas ondas de Radio Altamira a mellor música en galego. Neste caso: Lucía Pérez, María Fumaça, Astarot e a banda sonora da serie de animación Dragon Ball. Radio Altamira 2 · PROGRAMA 17

PROGRAMA 16

Benvidas e benvidos unha semana máis a Radio Altamira. Neste décimo sexto programa poderedes escoitar ás nenas e nenos das aulas de 3º B e 3º C e e desfrutar do artigo sobre a Terra que o noso compañeiro Adrián Lage preparou dende o obradoiro de radio. Por suposto, todo bañado coa mellor música, neste caso con pezas de A Roda, Ialma, Tiro na Testa e Marshmello. Radio Altamira 2 · PROGRAMA 16

PROGRAMA 15

Xa está aquí o PROGRAMA 15, dirixido polas nosas novas técnicas e técnicos e coa colaboración das aulas de 4º E e 3º A. Tamén atoparedes nel recomendacións das voluntarias e voluntarios de radio así como un fantástico artigo sobre a contaminación escrito no obradoiro de radio pola nosa redactora Sabela. E como non, a mellor música en galego. Neste caso poderedes escoitar a Ses, O sonoro Maxín e Rocío Varela. Radio Altamira 2 · PROGRAMA 15

NOVAS TÉCNICAS E REDACTORAS

 Presentámosvos ao novo equipo de Radio Altamira, encargados e encargadas de que Radio Altamira siga soando na primeira metade deste terceiro trimestre. Benvidas!

PROGRAMA 14

Tes algunha dúbida, preocupación, problema, petición...? Lánzanos as túas consultas e Radio Altamia responde!! Presentámosvos neste programa número 14 o primeiro consultorio radiofónico de Radio Altamira. Esperamos que vos guste moito e que poidamos facer máis edicións. Sírvenos tamén este programa para despedir ao equipo de técnicos e redactores grazas ao que Radio Altamira se mantivo nas ondas neste 2º trimestre. Foi un pracer contar con elas e eles. Recordade que Radio Altamira sempre ten as portas abertas para vós. Radio Altamira 2 · PROGRAMA 14

PROGRAMA 13

 Neste programa poderedes escoitar s intervencións das aulas de 4º A, 4ºC e 4º D. Moitas grazas polo vosa colaboración compañeiros e compañeiras. Sempre é un pracer contar con vós en Radio Altamira. Radio Altamira 2 · PROGRAMA 13

PROGRAMA 12

Este luns foi 8 de Marzo e Radio Altamira quixo sumarse ás reivindicacións de igualdade que se levan a cabo por todo o mundo. Ademáis tamén contamos neste programa coas aportacións das aulas de 5º D e 4º B que nos falan doutros temas ben interesantes. Non esquezamos que todos os días do ano son 8 de marzo. Libres, ceibes e unidadas contra o machismo e a prol dunha sociedade máis xusta. Radio Altamira · PROGRAMA 12

PROGRAMA 11

 O día de Rosalía de Castro merecía un programa especial de Radio Altamira e aquí está. Coa participación das aulas de 5º C e 5º E. Radio Altamira · PROGRAMA 11

PROGRAMA 10

 Atención rapazada!!!! Xa está aquí o programa 10 coa intervención das aulas de 5º A E 5º B que nos falan das premonicións que fixeron ao longo da súa historia a serie de debuxos animados Os Simpsons e dos cambios que se levaron a cabo no noso centro para adaptarnos á era COVID. Tamén poderedes escoitar un artigo preparado polo equipo de radio sobre A Terra. E como non, unha chea de música. Nesta ocasión poderedes disfrutar dos grupos Ataque Escampe, Boyanka Kostova e Famila Caamagno. Radio Altamira · PROGRAMA 10

DÍA MUNDIAL DA RADIO

 O 13 de febreiro celébrase o día mundial da radio e o CEP Altamira, coma sempre, quere aportar o seu pequeno gran de area participando nun programa especial que prepara Ponte nas Ondas. Aquí tedes o noso podcast explicando como é a nosa radio. Esperamos que vos guste. FELIZ DÍA DA RADIO!!! Radio Altamira · DÍA MUNDIAL DA RADIO

PROGRAMA 9

Hoxe comezan unha serie de programas moi especiais nos que contaremos coa colaboración das aulas.  Comezamos neste programa 9 coas aulas de 6º A e 6º E que nos contarán o conto "O lapis máxico de Malala" e nos falarán da 2º Guerra Mundial. Foi un pracer tervos en Radio Altamira compañeiras e compañeiros. Tamén podedes escoitar un artigo sobre as aves escrito polo equipo de radio. E por suposto moi boa música galega. Neste programa temos a Crema de Gaita, A banda da Loba e Aid. Subide o volume! Radio Altamira · PROGRAMA 9

PROGRAMA 8

 Interésavos saber quen é  Einstein? Recopilar novos datos que quizais non coñecedes sobre o ciclismo? Ou aprender moitas cousas sobre os guepardos? Dalle a reproducir porque este é o programa que estabas buscando! Radio Altamira · PROGRAMA 8

PROGRAMA 7

O primeiro programa dos novos integrantes de Radio Altamira no que nos falan de fútbol, aves e coches e por suposto cun montón de boa música. Anímate a escoitalo!  Radio Altamira · PROGRAMA 7

NOVIDADES NA EMISORA

Comezamos o 2º trimestre e con el chega o cambio de locutores e locutoras de Radio Altamira. Presentámosvos ás voces que vos acompañarán durante todo este trimestre. Seguro que o farán xenial.