Saltar ao contido principal

POÑÉNDOSE AO DÍA

Estas semanas o profesorado do CEP Altamira tivo a sorte de formar parte dunha formación de radio escolar da man de Luís Losada, un dos integrantes do proxecto Rede Espora (escolas pola radio).

Invitámosvos a pasar pola súa web, pois nela atoparedes moita e moi interesante información relacionada co mundo da radio escolar.


Gustaríanos darlle as grazas a Luís polo seu traballo e bo facer. Abriunos novos camiños e infinidade de posibilidades que traerán cambios na nosa emisora escolar.

Así que estade moi atentas e atentos porque pronto haberá novidades en Radio Altamira.

Aquí vos deixamos algunhas imaxes da formación.





Comentarios

Publicacións populares deste blog

RECURSOS MUSICAIS E SONOROS

MÚSICA EN GALEGO CON LICENCIA LIBRE RECURSOS SONOROS EXEMPLOS DE PODCAST

Exemplos de radios escolares

Estás pensando en gravar un podcast en Radio Altamira pero non sabes moi ben como enfocalo? Deixámosche aquí un montón de exemplos de radios escolares nos que podes escoitar moitos exemplos de podcast creados por alumnado coma ti. CEIP A Lomba (Vilagarcía de Arousa) CEIP da Torre-Cela (Bueu) CEIP Seara (Moaña) CEIP de Seixo (Marín) CEIP do Carballal (Marín) CEIP Enrique Barreiro Piñeiro (Cambados) CEIP Pena de Francia (Mos) CEIP Plurilingüe de Chancelas (Poio) IES Pedras Rubias (Salceda de Caselas)

San Valentín

O 14 de febreiro celébrase o día de San Valentín: día do amor e da amizade.  Sabela, María, Gael e Icía de 4º D quixeron darvos algún dato máis sobre as orixe desta celebración neste podcast.