Saltar ao contido principal

A radio do patrimonio

Un ano máis Ponte...nas Ondas! celebra o día mundial da radio con colaboracións de todas as escolas que participan neste proxecto. Entre elas, como non, o CEP Altamira.

Así que, se vos pasades polo seu blog poderedes escoitar as aportacións dun montón de centros.

A que esperas? Pincha xa! 

A ver se atopas a de Radio Altamira...

Comentarios

Publicacións populares deste blog

RECURSOS MUSICAIS E SONOROS

MÚSICA EN GALEGO CON LICENCIA LIBRE RECURSOS SONOROS EXEMPLOS DE PODCAST

VOLVE RADIO ALTAMIRA

POR FIN!!!! Temos o grande pracer de comunicarvos que este mércores 20 de outubro Radio Altamira volve comezar as emisións diarias no tempo do recreo. O lun farase o programa LUNS POLA MAÑÁ coas seccións: Aniversarios, Radio 3 (en colaboración co alumnado de 3º nivel), Chistes, Mitoloxía e (esporádicamente) Biblioteca. Presentado por Pierre e Leire. O marte poderedes escoitar MARTES A BORDO coas seccións: Animais, Radio Miúda (en colaboración co alumnado de 1º e2º nivel), Cociña e Saúde. Presentado por Eitan e Lara. O mércore soará HOXE MÉRCORES coas seccións: Robótica, O club de sexto (en colaboración co alumnado de 6º nivel), Adiviñas e Deportes. Presentado por Verónica e Miguel. O xove disfrutaredes de XOVES DE RECREO coas seccións: Videoxogos, A fiestra dos cuartos (en colaboración co alumnado de 4º nivel), Moda e Entrevistas. Presentado por Manuel e Sabela. O venres remataredes a semana con VENRES NAS ONDAS coas seccións: Xardinería, Quindo nas ondas (en colaboración co alum

Día mundial da radio

O 13 de febreiro celébrase o día mundial da radio e pareceunos a data perfecta para presentar o noso canal de IVOOX no que poderedes esccoitar todos os podcast que se graven en Radio Altamira. Un novo formato para a mesma radio de sempre. Podes acceder á canle pinchando na seguinte imaxe ou nas tres liñas que atoparás na esquina superior dereita deste blog (ao lado de "buscar"). Como grande estreno do noso canal podedes escoitar esta entrevista a Teodoro Freire Vaqueiro, compoñente do grupo "O serán". Os protagonistas.