Saltar ao contido principal

Día mundial da radio

O 13 de febreiro celébrase o día mundial da radio e pareceunos a data perfecta para presentar o noso canal de IVOOX no que poderedes esccoitar todos os podcast que se graven en Radio Altamira.

Un novo formato para a mesma radio de sempre.

Podes acceder á canle pinchando na seguinte imaxe ou nas tres liñas que atoparás na esquina superior dereita deste blog (ao lado de "buscar").


Como grande estreno do noso canal podedes escoitar esta entrevista a Teodoro Freire Vaqueiro, compoñente do grupo "O serán".


Os protagonistas.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

PROGRAMA 4

Se tedes ganas de escoitar boa música e de saber máis cousas sobre as primeiras persoas que pisaron a Lúa, os legos ou as águias, non vos podedes perder este programa. Dádelle ao play e comezade a disfrutar! Radio Altamira · PROGRAMA 4

PROGRAMA 9

Hoxe comezan unha serie de programas moi especiais nos que contaremos coa colaboración das aulas.  Comezamos neste programa 9 coas aulas de 6º A e 6º E que nos contarán o conto "O lapis máxico de Malala" e nos falarán da 2º Guerra Mundial. Foi un pracer tervos en Radio Altamira compañeiras e compañeiros. Tamén podedes escoitar un artigo sobre as aves escrito polo equipo de radio. E por suposto moi boa música galega. Neste programa temos a Crema de Gaita, A banda da Loba e Aid. Subide o volume! Radio Altamira · PROGRAMA 9

PROGRAMA 10

 Atención rapazada!!!! Xa está aquí o programa 10 coa intervención das aulas de 5º A E 5º B que nos falan das premonicións que fixeron ao longo da súa historia a serie de debuxos animados Os Simpsons e dos cambios que se levaron a cabo no noso centro para adaptarnos á era COVID. Tamén poderedes escoitar un artigo preparado polo equipo de radio sobre A Terra. E como non, unha chea de música. Nesta ocasión poderedes disfrutar dos grupos Ataque Escampe, Boyanka Kostova e Famila Caamagno. Radio Altamira · PROGRAMA 10