Saltar ao contido principal

VOLVE RADIO ALTAMIRA

POR FIN!!!!

Temos o grande pracer de comunicarvos que este mércores 20 de outubro Radio Altamira volve comezar as emisións diarias no tempo do recreo.

O lun farase o programa LUNS POLA MAÑÁ coas seccións: Aniversarios, Radio 3 (en colaboración co alumnado de 3º nivel), Chistes, Mitoloxía e (esporádicamente) Biblioteca. Presentado por Pierre e Leire.

O marte poderedes escoitar MARTES A BORDO coas seccións: Animais, Radio Miúda (en colaboración co alumnado de 1º e2º nivel), Cociña e Saúde. Presentado por Eitan e Lara.

O mércore soará HOXE MÉRCORES coas seccións: Robótica, O club de sexto (en colaboración co alumnado de 6º nivel), Adiviñas e Deportes. Presentado por Verónica e Miguel.

O xove disfrutaredes de XOVES DE RECREO coas seccións: Videoxogos, A fiestra dos cuartos (en colaboración co alumnado de 4º nivel), Moda e Entrevistas. Presentado por Manuel e Sabela.

O venres remataredes a semana con VENRES NAS ONDAS coas seccións: Xardinería, Quindo nas ondas (en colaboración co alumnado de 5º nivel), Manualidades e Antgüidades. Presentado por Maya, Ruth e Julio.

Esperamos que disfrutedes da programación de Radio Altamira. 

Para ir abrindo boca deixámosvos por aquí as caras das presentadoras e presentadores deste trimestre que se estrenan nos micrófonos de Radio Altamira.

Benvidas e benvidos!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Exemplos de radios escolares

Estás pensando en gravar un podcast en Radio Altamira pero non sabes moi ben como enfocalo? Deixámosche aquí un montón de exemplos de radios escolares nos que podes escoitar moitos exemplos de podcast creados por alumnado coma ti. CEIP A Lomba (Vilagarcía de Arousa) CEIP da Torre-Cela (Bueu) CEIP Seara (Moaña) CEIP de Seixo (Marín) CEIP do Carballal (Marín) CEIP Enrique Barreiro Piñeiro (Cambados) CEIP Pena de Francia (Mos) CEIP Plurilingüe de Chancelas (Poio) IES Pedras Rubias (Salceda de Caselas)

RECURSOS MUSICAIS E SONOROS

MÚSICA EN GALEGO CON LICENCIA LIBRE RECURSOS SONOROS EXEMPLOS DE PODCAST

A radio do patrimonio

Un ano máis Ponte...nas Ondas! celebra o día mundial da radio con colaboracións de todas as escolas que participan neste proxecto. Entre elas, como non, o CEP Altamira. Así que, se vos pasades polo seu blog poderedes escoitar as aportacións dun montón de centros. A que esperas? Pincha xa!  A ver se atopas a de Radio Altamira...